Publicador de contidos
Publicador de contidos

O metal busca 1.200 traballadores para incorporar inmediatamente

O metal busca 1.200 traballadores para incorporar inmediatamente

As empresas precisan sobre todo soldadores, cadereiros, mecánicos e enxeñeiros

O salario medio oscila entre os 19.000 e os 30.000 euros brutos ao ano, dependendo da profesión

G24.gal 12/12/2022 14:53

Máis de 57.000 persoas traballan no metal na nosa comunidade, pero a cifra semella que está a ser escasa. As empresas din que falta man de obra cualificada.

Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Industrias do Metal, asegura que precisan incorporar 1.200 profesionais cualificados, sobre todo soldadores, caldeireiros, mecánicos e enxeñeiros.

CINNaval é unha das moitas empresas do sector que necesitan incorporar de forma urxente persoal cualificado. Enrique Gestoso, responsable de recursos humanos recoñece que necesitan incorporar entre oito e dez caldeireiros pero que agora mesmo é imposible atopar algún.

A consecuencia desta falla de profesionais cualificados é que moitas empresas están a verse obrigadas a renunciar a proxectos que tiñan en carteira.

Enrique Mallón, de Asime, asegura que o sector do metal podería estar producindo un 25 % máis do que produce se tivese máis profesionais cualificados.

Dende Asime están colaborando coa Xunta para formar os profesionais que precisa o sector. O problema é que as empresas necesitan man de obra cualificada de forma inminente, e agora mesmo é imposible atopala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade