Transportes abre o prazo para solicitar bonificacións nas viaxes de tren e bus
Transportes abre o prazo para solicitar bonificacións nas viaxes de tren e bus
Os beneficiarios son mozos e mozas de entre 18 e 30 anos
As bonificacións poden chegar ao 90 % e son para viaxes entre o 1 de xullo e o 30 de setembro
Os mozos que queiran aproveitar os descontos no transporte público para viaxar este verán xa poden rexistrarse na web do Ministerio de Transportes. Poden beneficiarse os viaxeiros de entre 18 e 30 anos, para moverse por España e por Europa en autobús e en tren, tamén no interrail a partir do 1 de xullo e ata o 30 de setembro.
Os descontos irán dende o 50 % da alta velocidade, ata o 90 % da media distancia ou o autobús. Para poder mercar estes billetes bonificados, haberá que rexistrarse como mínimo 24 horas antes.
Non só a idades temperás hai o desexo de viaxar e coñecer mundo, pero si que é unha inquietude case inherente á xuventude. "A xente nova gústanos viaxar"; "Eu xa utilicei estes descontos o ano pasado" ; "Estamos pensando en viaxar por Europa no Interrail, miraremos a ver". Son comentarios que nos fai xente nova á que preguntamos na rúa.
Hai quen xa estaba pendente: "Os meus fillos xa estaban mirando. Non sei nin saben eles aínda onde irán." E tamén quen o acaba de saber: "Non o sabía pero agora mirarei, porque haberá que aproveitar os descontos".
Unha axuda para a xente nova, pero tamén para os pais, no caso dos que aínda non se idependizaron. "Non traballamos e non temos salario. Isto pode axudar a convencelos para que nos financien as viaxes".
As rebaixas son para xente de entre 18 e 30 anos.