O ministro da Presidencia di que o Goberno actuou con transparencia no caso Pegasus
O ministro da Presidencia di que o Goberno actuou con transparencia no caso Pegasus
Félix Bolaños tamén dixo na comparecencia que ten a conciencia tranquila
Varios grupos cuestionaron no Congreso a calidade democrática de España
O ministro da Presidencia defende que o Goberno actuou coa máxima transparencia e asegura que ten a conciencia tranquila con respecto ao caso Pegasus.
Varios partidos da oposición cuestionaron esta tarde no Congreso a calidade democrática de España.
Mireia Vehí, da CUP, di: "Cesan a directora do CNI cando os espían a vostedes, pero non cando espían máis de 60 persoas relacionadas co independentismo catalán e vasco. E que vostedes valen máis que nós, ou é que é a unidade de España a que vale todo?
"A democracia española funciona de acordo á lei, e con todas as garantías, e protexe por igual todos os cidadáns, independentemente de como pensen ou de que cuestionen a integridade territorial de España", respondeu Félix Bolaños, o ministro da Presidencia.
Mertxe Aizpurua, portavoz de Bildu, asegura: "Unha democracia non espía os seus adversarios políticos, e senón non é unha democracia. E aquí xa se rizou o rizo, porque se espiou a quen, polo menos virtualmente, serían os socios do Goberno".
"O que fixemos foi tratar de esclarecer a verdade, co exercicio de control interno que se fixo no CNI e trasladando aos tribunais o delito cando o coñecemos. Transparencia e conciencia tranquila", afirma o ministro da Presidencia.