O ministro de Agricultura ofrece diálogo e consenso ás comunidades autónomas
O ministro de Agricultura ofrece diálogo e consenso ás comunidades autónomas
Galicia volve insistir na reclamación da baixada do IVE do peixe
O conselleiro de Medio Rural pídelle ao ministerio que axilice a validación da vacina contra enfermidade hemorráxica epizoóptica
O ministro de Agricultura, Luis Planas, trasládalles ás comunidades as prioridades e retos do sector agroalimentario para esta lexislatura. Unha lexislatura que Planas confía en que sexa de consenso e colaboración. Dende Galicia, dinlle que aplique ese consenso, por exemplo, para baixar o IVE do peixe e da carne.
Planas quere que a política agroalimentaria sexa cuestión de Estado. Pretende, di, chegar a consensos e á máxima cooperación coas comunidades. Por exemplo, nos axustes que se poden aplicar na nova Política Agraria Común ou en medidas para a modernización da frota
Así, co ministro disposto a escoitar as reivindicacións das comunidades, Galicia trasládalle unha que vén xa de lonxe: a baixada do IVE do peixe. Dende a Consellería do Mar lembran a recomendación de observatorios independentes dos beneficios da redución do IVE. Máis consumo, máis emprego.
Tamén dende Galicia reclámanlle ao Ministerio de Agricultura medidas para protexer o gando da enfermidade hemorráxica epizoótica. O conselleiro do Medio Rural, José González, pídelle ao ministerio a validación urxente da vacina. Tamén unha maior flexibilización da PAC e unha reforma fiscal que discrimine de forma positiva os agricultores, gandeiros e silvicultores.