Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha xuntanza de alto nivel da UE aborda en Lugo o reto do envellecemento

Unha xuntanza de alto nivel da UE aborda en Lugo o reto do envellecemento

Enmárcase nos actos da Presidencia Española da Unión Europea 

G24.gal 06/09/2023 21:21 Última actualización 06/09/2023 22:24

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación en funcións José Manuel Albares inaugurará este xoves a Conferencia de Alto Nivel sobre Envellecemento, que se celebrará en Lugo no marco da Presidencia Española da Unión Europea. Nela, estará acompañado pola vicepresidenta de Democracia e Demografía da Comisión Europea Dubravka Šuica,

A alcaldesa de Lugo Lara Méndez informou aos medios de comunicación de que esta cita, que terá lugar no centro cultural Vello Cárcere, contará con dúas partes diferenciadas.

A primeira centrarase na lonxevidade da poboación e os retos demográficos na Axenda Europea e a segunda abordará asuntos como os problemas asistenciais e as repercusións económicas desta situación.

Na primeira parte da conferencia, despois da xornada inaugural, está confirmada a participación do conselleiro do Consello Económico Social Europeo Miguel Ángel Cabra Luna e do subdirector xeral do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación Francisco Machancoses. Ambos compartirán mesa con representantes de diversas asociacións.

Na segunda sesión participarán o director do Imserso Luis Alberto Barriga e o coordinador do CENIE da Universidade de Salamanca Juan Martín. Neste caso, compartirán mesa con responsables de empresas que prestan servizo no sector asistencial.

Finalmente, a clausura deste acto correrá a cargo do secretario de Estado para a Unión Europea Pascual Navarro e do de Dereitos Sociais Ignacio Álvarez.

“Este encontro de alto nivel europeo, que acolle Lugo, enmárcase no programa deseñado polo Goberno central con motivo da Presidencia española da Unión Europea”, lembrou a alcaldesa.

“O obxectivo é que esta xornada de traballo, xunto coa que terá lugar en Madrid, poida servir para impulsar un proxecto cunha estratexia renovada para as persoas maiores”, concluíu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade