O Monte do Gozo acolle estes días o cuarto Open Xacobeo de disc golf
O Monte do Gozo acolle estes días o cuarto Open Xacobeo de disc golf
Un deporte que empeza a gañar adeptos na nosa comunidade
O disc golf gaña popularidade en Galicia. Un club creado hai dez anos en Santiago organiza estes días no Monte do Gozo a cuarta edición do Open Xacobeo de disc golf, un torneo en que participan algúns dos mellores xogadores europeos deste deporte.
Inicialmente, nos anos 60 e 70 do século pasado, cando xurdiu como xogo popular en California, o que se lanzaban eran os mesmo discos voadores cos que se xogaba no parque ou na praia. Pero tras varias décadas de práctica profesional fóronse perfeccionando dúas variantes especificas para o disc golf.
Os que se van enganchado a este deporte tanto a nivel profesional como afeccionado son ao mesmo tempo os seus grandes promotores a nivel popular. En Galicia a iniciativa lévaa o Club de Disc Golf de Compostela, desde o Monte do Gozo, onde está o único Campo de disc golf de Galicia.