O mosquito tigre chega a Vilaboa
O mosquito tigre chega a Vilaboa
Xa se detactaran exemplares no Morrazo, en Vigo, Redondela e Soutomaior
A Xunta de Galicia confirmou a detección dun exemplar de mosquito tigre nunha das trampas colocadas no concello de Vilaboa.
Tras a aparición do mosquito tigre en Moaña, o Goberno galego decidido ampliar a vixilancia do vector aos concellos limítrofes, entre eles o de Vilaboa.
A través da Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec), da que tamén forman parte a Xunta e as universidades de Vigo e Santiago de Compostela, colocáronse cinco trampas en Vilaboa.
Só apareceu un mosquito tigre nunha delas, mentres que nas restantes non se recolleu ningún, pero a aparición desta especie fará que a rede estude a necesidade de ampliar a vixilancia neste municipio colocando novas trampas.
Ademais, o Concello de Vilaboa, sumarase aos de Moaña, Vigo, Cangas e Redondela como integrante do comité técnico do mosquito tigre que, previsiblemente, desenvolverase na primeira quincena de novembro.
Desde Sanidade recomendan seguir os consellos para evitar a proliferación deste insecto, que é vector de enfermidades como os virus do dengue, chikungunya ou zika, aínda que os exemplares localizados en Galicia non son portadores.
As autoridades sanitarias lembran que a maneira máis efectiva para que non proliferen é impedir a posta de ovos e o crecemento das larvas eliminando puntos de auga estancada en bebedoiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións co seu baleirado ou coa renovación da auga cada 4 ou 5 días.
En canto á picadura, que pode ser molesta e producir reaccións alérxicas de certa gravidade, para evitala aconséllase o uso de repelentes específicos autorizados polo Ministerio de Sanidade e pola Axencia Española do Medicamento.
Tamén recomendar vestir con manga e pantalóns anchos e calzado pechado ou colocar mosquiteiras en portas e xanelas.