Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mozo que agrediu a Rajoy acoitela un xornalista de 'La Voz de Galicia' en Pontevedra

O mozo que agrediu a Rajoy acoitela un xornalista de 'La Voz de Galicia' en Pontevedra

O suposto agresor causou tamén estragos na redacción que o xornal ten en Pontevedra

Foto de Ramón Leiro. 'La Voz de Galicia'
G24.gal 14/07/2023 17:02 Última actualización 15/07/2023 09:02

 O mozo que en decembro do ano 2015 atacou en Pontevedra o entón presidente Mariano Rajoy agrediu este venres un xornalista de La Voz de Galicia despois de irromper na redacción que este xornal ten na cidade do Lérez.  

Segundo La Voz de Galicia, o mozo entrou na redacción e atacou cun coitelo o xornalista Alfredo López Penide, que sufriu feridas nunha man e no peito.

O xornalista tivo que ser atendido no Hospital Montecelo.  

Ademais, o mozo empezou a golpear cun rodete ordenadores e outros efectos das instalacións.

No lugar atopábase, ademais do xornalista agredido, unha persoa de administración.

A policía reduciu o agresor, que presentou resistencia. Unha vez detido, foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Agresión a Mariano Rajoy

O arrestado, que agora ten 25 anos, agrediu en decembro de 2015 o entón presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ao que se achegou para pedirlle unha foto mentres paseaba polo centro de Pontevedra con motivo da campaña electoral.

Por iso, foi condenado polo xulgado de menores de Pontevedra a dous anos de internamento en réxime pechado como autor dun delito de atentado.  

Ademais, no ano 2019 foi arrestado por golpear un dirixente de Vox e, no 2020, a Policía Nacional detívoo por agredir un cliente nun bar de Ourense.

Por estes feitos foi xulgado esta semana, aceptando a condena pactada polas partes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade