Carlos Núñez, Luz Casal e Juan Pardo reciben as Medallas de Galicia
Carlos Núñez, Luz Casal e Juan Pardo reciben as Medallas de Galicia
A cerimonia de entrega poderase seguir en directo na G24 a partir das 13 horas
Esta mañá terá lugar a entrega das Medallas de Galicia, que é a máxima distinción que outorga o Goberno galego. Os galardoados deste ano son tres persoas vencelladas á música: Luz Casal, Carlos Núñez e Juan Pardo.
Medalla de Galicia 2023 para Luz Casal, a cantante de Boimorto que dende os anos 80 leva acumulando éxitos e recoñecementos nacionais e internacionais, como a Medalla Castelao ou a de comendadora da Orde das Artes de Francia que recibiu hai un mes. Impulsora do Festival da Luz, na súa vila, leva vendidas máis de cinco millóns de copias dos seus traballos.
Compartiu escenario e agora tamén Medalla de Galicia con Carlos Núñez, un dos gaiteiros máis destacados da nosa historia. A Xunta recoñece o seu labor como difusor da cultura celta dende que foi descuberto polos Chieftains nun concerto en Castrelos con 13 anos.
Segundo avanzou o presidente Alfonso Rueda, estará en Santiago recollendo a máxima distinción que outorga a Xunta Juan Pardo, que leva anos afastado dos escenarios. Nado en Palma de Mallorca e criado en Ferrol, o Goberno galego premia con este recoñecemento que nunca perdera, di, a esencia galega.