Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Xulio César lugués, elixido o mellor mural do mundo 2021

O Xulio César lugués, elixido o mellor mural do mundo 2021

Levou 60.000 votos do público de diferente países e competía cun cento de artistas internacionais

O pasado mes de agosto fora elixido como o mellor mural do mundo dese mes

G24.gal 14/02/2022 15:10

O emperador Xulio César da rolda da Muralla de Lugo ten un título máis: o de mellor mural do mundo do ano 2021 polo portal Street Art Cities. Trátase da maior plataforma internacional de arte urbana do mundo, no pasado mes de agosto elixiu este mural como o mellor do mundo dese mes.

Hoxe sabemos que foi o máis valorado de entre un cento de obras de todo o mundo, xa que recibiu máis de 60.000 votos do público de diferentes países. Hoxe sabemos, en definitiva, que o mellor mural do mundo do ano que acaba de rematar está en Lugo. 

É obra do lugués Diego Anido, coñecido artisticamente como Diego As. Amais do tempo de preparación, ao Xulio César lugués dedicoulle case 60 horas de traballo 'in situ'. Dedicación que non pode ter mellor cualificación: define Street Art Cities a obra como "maxestosa".

Compróbano os lugueses todos os días, polo seu tamaño e pola súa calidade artística. O emperador romano loce nunha parede de 20 metros de altura, está feito en branco e negro e vixía a muralla convertido xa na icona da cidade e no mellor mural do mundo 2021.  
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade