Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Museo de Automoción e Historia recibe os primeiros visitantes

O Museo de Automoción e Historia recibe os primeiros visitantes

O proxecto da Fundación Jorge Jove reúne 300 vehículos históricos

O MAHI programará talleres e actividades formativas dirixidas a recuperar e conservar o patrimonio

G24.gal 16/12/2023 21:15 Última actualización 16/12/2023 22:20

O 16 de decembro abriu as súas portas o MAHI, situado no polígono de Sabón, en Arteixo. O Museo da Automoción da Fundación Jorge Jove é unha viaxe fascinante e poliédrica pola historia do século XX. Hai máis de trescentos vehículos expostos, pero os impulsores do proxecto nunca quixeron converter a automoción no único fío condutor da visita.

"A fotografía naceu un pouco antes de que o motor de exposición interna, o cine un chisco despois, a imprenta evolucionou co século vinte... Vai todo ligado co que foi a evolución no século XX e o que ocasionou a revolución industrial", explica Ángel Jove, presidente da Fundación Jorge Jove.

Arte, música, comunicación... todo está conectado nun museo que transcende unha simple exhibición de vehículos históricos e que quere ser unha opción de ocio cultural familiar.

 "O visitante ideal para o museo? O que teña a actitude dun neno, con ganas de aprender, de investigar e con ganas de ver e de coñecer". 

Foron décadas de traballo para facelo realidade, pero o proxecto no se detén aquí.

"Agora seguiremos evolucionando e restaurando patrimonio. O ser humano nunca pode dicir 'chegamos á meta', e moito menos nun museo que ten que ser un elemento vivo que avance coa sociedade".

Un museo vivo que será tamén un espazo para actividades formativas e talleres orientados á recuperación e conservación do patrimonio vencellado á automoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade