Publicador de contidos
Publicador de contidos

O nacionalista Imanol Pradales, elixido lehendakari coa maioría absoluta do Parlamento vasco

O nacionalista Imanol Pradales, elixido lehendakari coa maioría absoluta do Parlamento vasco

A súa candidatura foi apoiada polo seu partido, o PNV, e o PSE-EE

G24.gal 20/06/2024 19:12 Última actualización 20/06/2024 22:03

O nacionalista Imanol Pradales foi elixido lehendakari coa maioría absoluta do Parlamento vasco.

A súa candidatura foi apoiada polo seu partido, o PNV, e o PSE-EE, formacións que reeditaron por terceira vez o Executivo de coalición. 

A cámara autonómica votou este xoves as dúas candidaturas presentadas para liderar o Goberno vasco: a de Pradales e a do portavoz de EH Bildu, Koldo Otxandiano, que non saíu adiante ao lograr unicamente o voto favorable dos seus 27 compañeiros de bancada.

Pradales si conseguiu en cambio o apoio da maioría absoluta do Parlamento ao sumar 39 dos 75 escanos (27 do PNV e 12 do PSE).

Os outros partidos con representación no Parlamento vasco: PP, con 7 parlamentarios e Sumar e Vox, ambos cun cada un, abstivéronse nas votacións dos dous candidatos xa que o regulamento da cámara vasca só contempla a posibilidade de votar a favor ou absterse, pero non de facelo en contra.

Pradales comeza así o seu primeiro mandato como lehendakari e substitúe no cargo o seu antecesor, do mesmo partido, Iñigo Urkullu, que estivo á fronte do Goberno vasco durante tres lexislaturas, desde decembro de 2012.

Imanol Pradales será o sexto lehendakari desde a restauración da democracia. Tras o pleno, o seu nomeamento ten que ser asinado polo rei Filipe VI. Para iso o Parlamento comunicará este mesmo xoves de forma telemática a elección de Pradales á Casa Real e posteriormente farao por mensaxería.

O nomeamento será publicado no Boletín Oficial do Estado e o sábado Pradales xurará o seu cargo baixo a árbore de Gernika.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade