Os socios do PSOE advirten das consecuencias do acordo co PP para renovar o CXPX
Os socios do PSOE advirten das consecuencias do acordo co PP para renovar o CXPX
Consideran que o pacto é un erro que abre unha nova etapa na lexislatura
O acordo para renovar o órgano de goberno dos xuíces pecha varios anos de avances e retrocesos nas negociacións entre populares e socialistas."Para esta carreira non facía falta tanto", di Mertxe Aizpurúa de EH-Bildu.
Os partidos que apoian a maioría de esquerdas no Congreso rexeitan o acordo. Din que lle ofreceron apoio ao PSOE para abrir un novo ciclo na xudicatura e a resposta chega en forma de acordo co PP."Sei que se vai vender como un pacto de Estado. Pero isto é unha patada cara adiante", asegura Gabriel Rufián, de ERC.
Desde Podemos cren que se abre unha nova etapa na lexislatura e advirten de que terá consecuencias. "Isto é un erro. Opoñerémonos frontalmente a esta gran coalición", advirte Ione Belarra, Secretaria xeral de Podemos.
O PNV desvincúlase do acordo e di que non votará os candidatos."Nós non imos votar a ninguén" avanza Aitor Esteban do PNV.
Os socios de Goberno de Sumar cren que hai que seguir avanzando en mecanismos que eviten que a situación de bloqueo se volva repetir. "Quedan moitas cousas por conseguir e esas so se poden conseguir coa maioría que hai na cámara. O PSOE non pode chamarse a engano. Conseguir un acordo co PP non significa que sexa un socio de fiar para o resto da lexislatura" advirte Íñigo Errejón, Portavoz de Sumar no Congreso.
O Goberno resta importancia a estas desavinzas. "Hai que comprender que son acordos entre os dous partidos. É normal que os critiquen porque queren ter unha maior influencia no que se decide", defende María Jesús Montero, vicepresidenta do Goberno.
E abre a porta a novos acordos para esta lexislatura.