Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evoluciona positivamente o neno con hepatite trasladado desde Galicia a Madrid

Evoluciona positivamente o neno con hepatite trasladado desde Galicia a Madrid

G24.gal 03/05/2022 14:36 Última actualización 03/05/2022 14:58

A Organización Mundial da Saúde recoñece que a hepatite de orixe descoñecida que está afectando os nenos é un tema moi urxente e un problema a ter moi en conta. De todos os xeitos, os expertos seguen lanzando unha mensaxe de tranquilidade xa que os casos ata agora son moi poucos.

Esta hepatite infantil de orixe descoñecida apareceu en 20 países. En España hai recoñecidos 22 casos, tres deles en Galicia. Un deses nenos galegos tivo que ser trasladado a este hospital de Madrid tras experimentar algunhas complicacións, pero agora a súa evolución é positiva.

O hospital da Paz en Madrid e Vall de Hebrón en Barcelona son os hospitais de referencia nos que se están a tratar os casos máis delicados.

En total, en todo o mundo apareceron douscentos casos dende o mes de xaneiro. Poucos, pero a Organización Mundial da Saúde vailles dar prioridade absoluta para identificar a orixe e logo tomar as medidas axeitadas.

A idade dos afectados vai entre un mes ata os 16 anos. A maioría entre os dous e sete anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade