Sanidade notifica os dous primeiros falecementos por hepatite infantil de orixe descoñecida
Sanidade notifica os dous primeiros falecementos por hepatite infantil de orixe descoñecida
Os falecidos son un neno de 6 anos e un meniño de 15 meses
O Ministerio de Sanidade notificou este xoves o falecemento dun neno de 6 anos e un meniño de 15 meses a causa da hepatite de orixe descoñecida. As mortes producíronse por non poder superar o transplante de fígado.
O informe que publica Sanidade recolle que hai 46 casos detectados en España, dos que se tiveron que realizar tres transplantes de fígado.
Os pacientes que recibiron o transplante son unha nena de 3 anos en Aragón, que evoluciona favorablemente, un neno de 6 anos de Murcia e un bebé de 15 meses en Andalucía.
O rapaz de seis anos empezou con síntomas o pasado 2 de xullo e, dúas semanas máis tarde foi ingresado en estado grave cun edema cerebral. O transplante realizouse o 29 de xullo e faleceu 24 horas máis tarde.
O bebé de 15 meses ingresou a finais de xuño con gastroenterite aguda e cultivo positivo para Adenovirus en situación crítica, con enfelopatía e coagulopatía grave. No seu caso practicóuselle un transplante urxente e faleceu tamén pasadas 24 horas.
Dos casos reportados en España, con idades comprendidas entre os 0 e os 15 anos, un 60 % das pacientes son nenas.
Os casos detectáronse en 10 comunidades autónomas sen relación epidemiolóxica entre eles. En Galicia detectáronse cinco casos.
A idade media dos casos en investigación é de 5,3 anos. A sintomatoloxía frecuente son malestar, vómitos, febre e dor abdominal.