Publicador de contidos
Publicador de contidos

O nivel de ruído en Vigo supera os límites recomendados pola OMS

O nivel de ruído en Vigo supera os límites recomendados pola OMS

Un estudo realizado por dúas asociacións ecoloxistas conclúe que os niveis se sitúan case no dobre dos máximos aconsellables

G24.gal 21/09/2022 16:14

Un estudo feito por varias asociacións ecoloxistas conclúe que o ruído en Vigo supera os límites permitidos ata o punto de situar a Cidade Olívica entre as máis ruidosas. 

Greenpeace e Ecoloxistas en Acción realizaron medicións en once puntos distintos da cidade, que non só constatan a mala calidade do aire, senón tamén niveis de contaminación acústica moi por riba dos máximos recomendados.

Se a OMS fixa como máximo os 53 decibeles diúrnos e 45 nocturnos, en Vigo as medicións dan como valor medio os 80 decibeles. Resultados que, din, fan necesario adoptar medidas inmediatas para reducir o tráfico rodado na cidade.

Os ecoloxistas anuncian que remitirán o informe ao Goberno local, porque din que cómpre adoptar medidas urxentes para reverter o impacto na saúde destes valores contaminantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade