Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Novo Alborada chega a Vigo co corpo do mariñeiro ghanés falecido no Gran Sol

O Novo Alborada chega a Vigo co corpo do mariñeiro ghanés falecido no Gran Sol

O buque arrastreiro chegou contra a unha da madrugada a porto

O mariñeiro falecido tiña 52 anos e deixa unha filla coa que residía

G24.gal 17/02/2023 08:21

Contra a unha da madrugada, chegaba ao porto de Vigo o Novo Alborada. O buque arrastreiro, con base aquí, estaba pescando no Gran Sol cando sucedeu o accidente na madrugada do mércores, nunha zona a 165 millas de distancia das illas Sorlingas, fronte ás costas de Cornualles. Saíra para alí o luns.

Solomon Obeng, ou Kwame, como o coñecían na comunidade ghanesa, estaba traballando na popa do barco cando nunha manobra caeu á auga. Rescatouno un mercante que estaba na zona. Un novo golpe para o sector pesqueiro, cando se cumpre un ano do naufraxio do Villa de Pitanxo, e para a comunidade ghanesa de Marín, como manifestou Kwesi Kyerebouh, o presidente da  Asociación Ghana Unión Marín

"Outra vez nos toca a nós. Por que outra vez nos toca isto? É algo moi triste que non esperabamos". 

O mariñeiro falecido tiña 52 anos e deixa unha filla coa que residía aquí desde hai máis dunha década. 

Hai case cinco anos outro tripulante do Novo Alborada falecía en accidente laboral durante uns traballos de reparación ao suroeste de Irlanda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade