Publicador de contidos
Publicador de contidos

O novo Goberno portugués terá menos ministerios

O novo Goberno portugués terá menos ministerios

O novo executivo tomará posesión o vindeiro día 23

António Costa admite que non ten claro o deseño do gabinete, pero está seguro de que será menos avultado

O socialista António Costa continuará como primeiro ministro 4 anos máis O socialista António Costa continuará como primeiro ministro 4 anos máis
Alberto Mancebo 09/02/2022 18:55

O novo Goberno portugués tomará posesión o vindeiro 23 de febreiro. António Costa, que gañou as pasadas eleccións con maioría absoluta, di que non sabe aínda quen constituirá o seu gabinete, pero si sabe que será máis reducido

Costa xa saíu do seu confinamento despois de dar positivo en Covid xusto despois da súa vitoria nas lexislativas. Había moita curiosidade por oílo falar e coñecer algún dato sobre o novo Goberno que o presidente da República lle encargou constituír, sobre todo despois desta inesperadísima maioría absoluta que colleitou que lle permitirá gobernar sen sobresaltos.

Costa adiantou que aínda non ten a estrutura definida, pero si sabe que o gabinete será máis reducido en número de ministerios. O primeiro ministro en funcións tamén contou hoxe aos medios que xa iniciou conversas cos partidos políticos do Parlamento excepto co ultradereitista Chega, cos que dixo que as conversas son para preparar a lexislatura e que con Chega non hai coincidencia ningunha.

Aínda así tamén aclarou non significa que trate con eles máis adiante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade