O novo Navia de Vigo, un dos barrios coa poboación de menor idade de Galicia
O novo Navia de Vigo, un dos barrios coa poboación de menor idade de Galicia
Os primeiros edificios habitáronse en 2005
A cidade de Pontevedra é unha das cidades galegas con menor idade media, uns 45 anos. Os barrios de nova construción nas cidades son os que aglutinan a poboación máis nova. Son os casos dos concellos de Ames e do novo barrio de Navia.
Cos primeiros bloques que se empezaron a ocupar en 2005, case vinte anos despois todo está cheo de nenos e persoas cunha media de trinta anos. O raro é ver persoas que superen os 50.
O barrio está cheo de parques, os seus escaparates e terrazas prestan moita atención ao público máis novo. A todos lles gusta convivir con parellas novas e nenos. Agora en obras só resta humanizar vías e mellorar a calidade dalgunhas vivendas.
O instituto xa está previsto tamén para que os nenos que hoxe corren polas súas rúas poidan cursar a ESO e o bacharelato sen saíren do barrio.