O servizo de radioterapia de Montecelo evitará desde 2024 que os enfermos oncolóxicos teñan que ir tratarse a Vigo
O servizo de radioterapia de Montecelo evitará desde 2024 que os enfermos oncolóxicos teñan que ir tratarse a Vigo
O servizo de radioterapia de Montecelo evitará desde 2024 que os enfermos oncolóxicos teñan que ir tratarse a Vigo
Avanza a execución do novo hospital público de Montecelo. Esta mañá o conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, visitou as obras do que será o novo búnker de radioterapia para a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
A obra finalizará, segundo a Xunta, a fins deste 2023 e será xa na derradeira metade do ano 2024 cando poidamos ver pacientes, maiormente oncolóxicos, no novo Montecelo.
O búnker dos tratamentos radioterápicos está construído con formigón de barito, máis denso que o habitual granito, para reducir o perigo de radiación aos profesionais. A área albergará novos equipos de radioterapia como dous aceleradores lineais.
"En radioterapia podemos falar duns cinco centos pacientes ao ano que poderán tratarse nestes equipos. Os catro equipos que hai en Vigo xa non serán usados polos pacientes da área de Pontevedra e polo tanto terán máis dispoñibilidade para os pacientes da área propiamente de Vigo. E o mesmo podemos dicir no caso de Santiago co equipo de hemodinámica, ou mesmo coa medicina nuclear. Efectivamente cando incorporas un equipo nunha área sanitaria próxima ás outras melloran todas. É unha boa noticia para os de Pontevedra, que basicamente non se desprazarán, pero tamén para as áreas lindeiras que van ter máis ocos e máis posibilidades de facer máis tratamentos nesas áreas", conta a TVG Javier García Comesaña, o conselleiro de Sanidade.
Uns 500 pacientes da área sanitaria de Pontevedra non terán que desprazarse a Vigo ou Santiago para recibir os seus tratamentos contra o cancro.