O Obradoiro nada para morrer na beira
O Obradoiro nada para morrer na beira
Os de Moncho afúndense no último cuarto e caen ao descenso (79-69)
O Monbus Obradoiro cae derrotado ante o Real Madrid tras un último cuarto desastroso que tirou pola borda o traballo do resto do partido.
Un primeiro cuarto claramente dominado polo Madrid parecía prever un partido máis aburrido do que finalmente foi. Os locais retirábanse ao final do primeiro parcial cunha vantaxe de oito puntos, mais os de Moncho non tirarían a toalla. Devolverían o golpe pechando o segundo cuarto cun parcial a favor de sete puntos e ambos equipos irían a vestiarios co Madrid un punto por diante.
O terceiro cuarto mantivo a esencia do segundo pero de maneira máis igualada. Intercambio de golpes por parte de ambos equipos que deixaba todo á mercede do que ocorrera no último. Este sería o punto clave para o Obradoiro, que se desinflaría por completo e remataría ofrecendo menos pelexa aos de Chus Mateo. Unha mala serie ofensiva e a incapacidade de deter o potencial do Real Madrid deulle unha vantaxe aos locais que xa sería insalvable. Intentándoo á desesperada con triplas dende lonxe ou accións individuais o Obradoiro non foi quen de engancharse á dinámica anotadora do Madrid e remataría perdendo por dez puntos(79-69).
Destacar especialmente a actuación de T.Scrubb, que foi quen de anotar vinte e cinco puntos en pouco máis de trinta minutos de xogo.
Mediante esta derrota, o Obradoiro volve a caer ao descenso grazas á vitoria do Breogán onte en Granada. Por diante espérano dous encontros clave que decidirán o seu sino na Liga Endesa, primeiro a semana que vén na casa ante Andorra e o nove de maio ante o Zunder Palencia fóra.