Publicador de contidos
Publicador de contidos

O oso de Salcedo e os seus criados volveron coas súas falcatruadas no luns de Entroido

O oso de Salcedo e os seus criados volveron coas súas falcatruadas no luns de Entroido

O oso de Salcedo e os seus criados tinguen de negro con borralla veciños e turistas

G24.gal 12/02/2024 20:41 Última actualización 12/02/2024 20:52

O oso de Salcedo, na Pobra do Brollón, é unha das citas máis agardadas do Entroido ribeirao.

O seu traxe de máis de 30 quilos non lle impide entrar á carreira na praza, sementando o pánico entre un público cada ano máis numeroso.

O oso e os seus criados, armados con borralla, tinguen de negro todo aquel que se lles cruza. E tamén os que non... O peor, polo que se ve, é resistirse ás trasnadas do oso.

É unha festa multitudinaria, con moitos visitantes e con veciños que a viven con especial agarimo. E o mellor de todo é que esta pequena poboación da Pobra do Brollón conta cunha boa canteira para manter viva a tradición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade