Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Palexco acolle unha renovada Feira de Autónomos de Galicia para darlles máis visibilidade

O Palexco acolle unha renovada Feira de Autónomos de Galicia para darlles máis visibilidade

O Palexco acolle a Feira de Autónomos de Galicia dende hoxe ata o 8 

Celébrase a 29 edición despois de anos de parada

Volve a Feira de Autónomos nun formato máis pequeno
G24.gal 05/12/2024 15:08 Última actualización 05/12/2024 15:36

Despois de anos difíciles, a Feira de Autónomos de Galicia volve, e faino nun novo espazo, o Palexco da Coruña. Empresarios a pé de rúa queren amosar o seu traballo.

"Estamos afeitos a ir mercar aos grandes almacéns, que está moi ben, ten que haber de todo neste mundo, pero o pequeno é o que menos se ve", apunta Rafael Penide, presidente da Asociación de Empresarios Cambre Empresarial.

A feira que abriu hoxe permanecerá ata o domingo. Alí podemos atopar unha pequena representación dos principais sectores produtivos.

"Poderás facer un seguro, poderás mercar tixolas, xente que vende pel, unha mercería, hai outra parte de conservas...", continúa

O 90 % dos expositores son galegos.

 "Nós seguimos porque nós facemos outlets e montamos esta caseta que vedes por toda España, entón temos clientes por Madrid, por Bilbao, por Andalucía...", conta Alfonso Hernández, xerente de Norpiel e Outlet Moto Coruña

A feira permite un contacto máis directo cos clientes

 "Nós ensinamos en demostración para que o cliente poida ver como traballan, como funcionan e a utilidade que teñen", indica Mariano Recio, distribuidor TuFeria.com

Galicia é a comunidade co maior número de autónomos por cada 1.000 habitantes. Representan o 60 % da estrutura produtiva, pero non están pasando polo seu mellor momento. Con todo, os datos son esperanzadores.

"Estamos razoablemente satisfeitos coa evolución da afiliación destes últimos meses, non anos, pero si meses e pensamos que temos que ir recuperándonos despois de crise financeira, crise sanitaria, de crise bélica, de tantas como levamos soportado o tecido empresarial galego e sobre todo as pemes e os autónomos, que somos o 97 % das pemes", explica Francisco Javier Pérez, presidente da Federación de Autónomos de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade