Cargando resultados...
O pan sobe de prezo polo incremento dos custos salariais e de produción
O pan sobe de prezo polo incremento dos custos salariais e de produción
Polo momento tan só subiron prezos algunhas panaderías, pero no sector agardan que moitos negocios máis o fagan nas vindeiras semanas
Algunhas panaderías subiron unha media de cinco céntimos por barra de pan
G24.gal
30/04/2024 14:13
O pan levaba bastante tempo sen subir de prezo, pero chegou o momento. Nun contexto xeral inflacionista subiron as materias primas, o gasto enerxético e, sobre todo, os custos salariais.
A suba na típica barra de pan non é excesiva. Algúns clientes reciben con resignación este encarecemento. Outros compréndeno perfectamente.
Polo momento tan só subiron prezos algunhas panaderías, pero no sector agardan que moitos negocios máis o fagan nas vindeiras semanas.