Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Papa defende en Lisboa unha Igrexa inclusiva, onde "hai sitio para todos"

O Papa defende en Lisboa unha Igrexa inclusiva, onde "hai sitio para todos"

Primeiro acto multitudinario de Francisco na Xornada Mundial da Xuventude

G24.gal 03/08/2023 20:30 Última actualización 03/08/2023 20:53

Aclamado por ducias de milleiros de persoas, Francisco percorreu no papamóbil os cinco quilómetros que separan a embaixada do Vaticano e o parque Eduardo Séptimo, onde se celebrou a cerimonia de acollida. 

Foi o primeiro acto multitudinario do Papa, o encontro con preto de millóns católicos que participan nesta trixésimo sétima Xornada Mundial da Xuventude.

Francisco defendeu diante deles unha Igrexa inclusiva e sen discriminacións.

"Rapaces e rapazas, Xesús ámanos como somos, sen maquillaxe. Na Igrexa hai espazo para todos, para todos. Na Igrexa non sobra ninguén".

Previamente, no encontro con universitarios na Universidade Católica de Lisboa, Francisco instou a mocidade a ser o motor de cambio dunha sociedade que, alertou, non debe desatender a emerxencia climática.

"Este ancián que vos fala soña que a vosa sexa unha xeración de mestres. Mestres en humanidade, mestres en compaixón, mestres en novas oportunidades para o noso planeta e para os seus habitantes".

Fóra da axenda oficial, Francisco reuniuse cun grupo de 15 mozos ucraínos e tamén coa familia dunha peregrina francesa que faleceu accidentalmente na Xornada Mundial da Xuventude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade