Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco avoga en Fátima por unha igrexa de "portas abertas"

O papa Francisco avoga en Fátima por unha igrexa de "portas abertas"

"Unha nai ten o corazón aberto para todos os seus fillos, todos, todos, todos, sen exclusión"

G24.gal 05/08/2023 12:12 Última actualización 06/08/2023 17:47

O papa Francisco avogou, desde a capela das aparicións do Santuario de Fátima, por unha Igrexa de "portas abertas" onde "todos poidan entrar", porque "unha nai ten o corazón aberto para todos os seus fillos, todos, todos, todos, sen exclusión".

Chegou en papamóbil e foi recibido por unhas 200.000 persoas, a maioría fieis de Portugal. Tras rezar o rosario xunto a seis reclusos de cárceres lusas e un grupo de xente nova con doenzas, improvisou un discurso en español centrado na figura da Virxe.

O bispo de Leiria-Fátima, José Ornelas, expresou a súa "profunda alegría" pola presenza do pontífice, por segunda vez, en Fátima e uniuse á súa oración "pola paz".

Despois de tres horas en Fátima, o Papa regresou a Lisboa, para participar na vixilia da Xornada Mundial da Xuventude onde se agardan máis de medio millón de fieis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade