O papa atópase ben e os controis son bos tras a operación
O papa atópase ben e os controis son bos tras a operación
O papa pasou ben a noite despois da súa operación por unha hernia abdominal
O Vaticano anulou todas as audiencias e actos do papa ata o 18 de xuño
O papa Francisco pasou "unha noite tranquila", está "en boas condicións" e os controis rutineiros son bos tras a operación á que se someteu por unha hernia abdominal no hospital Gemelli de Roma.
"O persoal médico que segue o postoperatorio do papa informa de que pasou unha noite tranquila e logrou descansar un longo período; atópase en bo estado, esperto e respirando espontaneamente", lese nunha nota do portavoz vaticano, Matteo Bruni.
Bruni engade que "os controis rutineiros son bos e durante todo o día observará o descanso postoperatorio necesario"
O papa Francisco pasou ben a noite despois da operación sen complicacións e pola que terá que estar varios días ingresado.
O Vaticano informou que o médico que o operou, Sergio Alfieri, dixo que a operación saíra ben, que Francisco estaba esperto e mesmo fixera varias bromas.
Alfieri, quen xa o operou do colon en xullo de 2021, explicou que se descarta calquera outro tipo de patoloxía e non quixo especificar cantos días terá que seguir hospitalizado.
"O papa ten 86 anos, xa pasou por catro cirurxías, foi hospitalizado recentemente por unha infección pulmonar e, polo tanto, claramente nós tomaremos todas as precaucións".
Polo momento, o Vaticano anulou todas as audiencias e actos do papa ata o 18 de xuño e mantéñense as dúas viaxes que realizará a Lisboa a principios de agosto para participar na Xornada Mundial da Mocidade e a Mongolia a finais do mesmo mes.