Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa reúnese con 13 vítimas de abusos sexuais no seo da Igrexa

O papa reúnese con 13 vítimas de abusos sexuais no seo da Igrexa

O papa pide "acoller sempre" as vítimas de abusos na Igrexa: "Os escándalos desfiguraron o seu rostro"

O papa lamenta que Europa non ofreza "camiños creativos" para a paz en Ucraína

G24.gal 02/08/2023 19:50 Última actualización 02/08/2023 22:32

O papa Francisco reuniuse este mércores con 13 vítimas de abusos sexuais no seo da Igrexa en Portugal, durante a súa visita pola Xornada Mundial da Mocidade en Lisboa, nun clima de "intensa escoita".

O pontífice atopouse durante máis dunha hora coas vítimas na Nunciatura, onde estiveron acompañadas por algúns representantes das institucións eclesiais portuguesas encargadas da protección de menores.

O papa Francisco recoñeceu, durante a súa primeira homilía na Xornada Mundial da Mocidade de Lisboa, que os "escándalos" desfiguraron o rostro da Igrexa e pediu "acoller e escoitar sempre" as vítimas de abusos.

Así o indicou este mércores na súa homilía durante as Vésperas cos bispos, sacerdotes, diáconos, consagrados, consagradas, seminaristas e axentes pastorais, que tivo lugar no Mosteiro dos Xerónimos, en Lisboa.

O pontífice indicou que, ás veces, os sacerdotes e relixiosos poden experimentar "cansazo" no medio dun mundo "secularizado", cun "crecente distanciamento da práctica da fe", e engadiu:

"Isto a miúdo acentúase pola desilusión e a rabia que algúns alimentan en relación á Igrexa, nalgúns casos polo noso mal testemuño e polos escándalos que desfiguraron o seu rostro e que chaman a unha purificación humilde e constante, partindo do berro de dor das vítimas, que sempre deben ser acollidas e escoitadas", subliñou o pontífice.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade