Publicador de contidos
Publicador de contidos

Achan en Monforte unha cruz de prata do século XVII desaparecida hai catro anos

Achan en Monforte unha cruz de prata do século XVII desaparecida hai catro anos

Na vivenda atoparon outros obxectos relixiosos, polo que están a investigar se tamén foron subtraídos de capelas e igrexas nos últimos anos

Foi detido un home de 67 anos residente en Lugo como sospeitoso destes roubos contra o patrimonio histórico

Axente da Garda Civil xunto á cruz e os outros obxectos recuperados Axente da Garda Civil xunto á cruz e os outros obxectos recuperados
G24.gal 14/08/2024 17:51

Unha cruz de prata do século XVII de grande valor histórico, desaparecida desde 2020, foi achada na localidade lucense de Monforte de Lemos, xunto a outros obxectos relixiosos, informou este mércores a Garda Civil.

O achado dos obxectos é obra da denominada operación Gulgalta, desenvolvida como parte dunha investigación sobre supostos roubos contra o patrimonio histórico.

Na devandita operación foi detido este martes ás 09:30 horas un home de 67 anos residente en Lugo, sospeitoso de roubos contra o patrimonio histórico, receptación de mercadoría e falsidade documental.

O detido está investigado por supostamente apropiarse desta reliquia de orixe eclesiástica realizada polo ourive Juan de Lobera.

A operación policial comezou tras a desaparición en 2020 no interior dun tempo católico da parroquia da Terra Chá desa cruz de prata cun relevo alusivo a San Martiño no reverso e cunha inscrición de 1696.

Na operación, os axentes contactaron con numerosos expertos e acharon finalmente a citada cruz no interior dunha vivenda de Monforte de Lemos, xunto a varios obxectos de arte sacra, dos que o propietario non puido determinar a súa procedencia.

Os investigadores tratan agora de determinar se algunhas desas reliquias poderían ser bens subtraídos en roubos de capelas e igrexas nos últimos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade