Publicador de contidos
Publicador de contidos

O parlamento británico aproba a prohibición progresiva de mercar tabaco

O parlamento británico aproba a prohibición progresiva de mercar tabaco

As persoas nacidas a partir de 2009 xa non poderán comprar tabaco 

A prohibición do tabaco para as novas xeracións no Reino Unido pasa o primeiro trámite parlamentario (Reuters). A prohibición do tabaco para as novas xeracións no Reino Unido pasa o primeiro trámite parlamentario (Reuters).
G24.gal 17/04/2024 09:18

A Cámara dos Comúns do Reino Unido aprobou este martes en primeira lectura a lei que prohibirá que calquera persoa nada a partir de 2009 poida comprar en toda a súa vida tabaco legalmente.

O primeiro ministro británico Rishi Sunak considera este proxecto un dos máis importantes do seu mandato, que foi aprobado este martes con folgura grazas ao apoio da maioría dos partidos do arco parlamentario.

Un total de 383 deputados votaron a favor da lei, fronte a unicamente 67 que o fixeron en contra, a gran maioría deles membros do propio Partido Conservador de Sunak.

Entre os tories rebeldes, que recibiran liberdade de voto do propio Sunak, hai figuras moi destacadas, como os exprimeiros ministros Boris Johnson e Liz Truss ou a ministra de Empresas Kemi Badenoch.

A ministra de Sanidade Victoria Atkins argumentou no debate previo que "non hai liberdade na adicción" e que quen defende a libre elección debería apoiar o veto, pois os fumadores son vítimas da súa adicción e recoñecen case sempre que non comezarían a fumar se puidesen volver atrás.

Quen se opuxo á medida, como Truss, aduciu que esta "restrinxe a liberdade" dos individuos para decidiren sobre si mesmos.

Os únicos votos en contra procederon do Partido Conservador do primeiro ministro

A á dura dos tories, que ademais encarna a oposición interna a Sunak, votou en bloque contra a lexislación, que o propio Johnson cualificou de "tolemia".

Mentres, os laboristas apoiaron masivamente o texto, que o seu portavoz de Sanidade Wes Streeting defendeu no debate previo, e tamén os nacionalistas escoceses e os liberal-demócratas.

A lei foi adiantada por Sunak no congreso conservador do pasado outubro e ten o obxectivo de que calquera persoa nada a partir do 1 de xaneiro de 2009 non poida comprar tabaco en toda a súa vida.

O proxecto tamén pretende restrinxir a venda de vapeadores e produtos relacionados para adolescentes e mozos, aínda que non prevé a súa prohibición total.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade