Cargando resultados...
O Parlamento de Galicia toma posición sobre a reforma do delito de sedición
O Parlamento de Galicia toma posición sobre a reforma do delito de sedición
O Grupo Parlamentario Popular pediu retirar calquera modificación do Código Penal que supoña derrogar o delito de sedición
A proposta aprobouse sen o apoio da oposición
G24.gal
02/12/2022 13:40
O debate sobre a reforma do delito de sedición tamén chegou ao Parlamento de Galicia.
O Grupo Parlamentario Popular pediu retirar calquera modificación do Código Penal que supoña derrogar o delito de sedición e lembrou que na Constitución non teñen cabida nin a sedición nin os referendos ilegais.
A proposta aprobouse sen o apoio da oposición. O BNG e o PSdeG coinciden na necesidade de modificar este delito para homologalo ao resto de países europeos e para garantir a convivencia e o encontro en Cataluña.