O Partido Popular aspira a aumentar o número de concellos rurais onde gobernan
O Partido Popular aspira a aumentar o número de concellos rurais onde gobernan
Paula Prado anunciou que puxeron en marcha a comisión de pequenos concellos para darlles voz aos veciños, recoller as súas inquedanzas e darlles solucións
O Partido Popular aspira a aumentar o número de concellos rurais onde gobernan. Hoxe ocupan a alcaldía do 60 por cento dos municipios con menos de 5.000 habitantes. Nunha visita á casa do maior de Moraña, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, anunciou que puxeron en marcha a comisión de pequenos concellos para darlles voz aos veciños, recoller as súas inquedanzas e darlles solucións.
"O noso reto é que nas próximas eleccións municipais chegar a gobernar o 100 % deses concellos pequenos, temos a mostra de que onde gobernamos somos un partido que achega estabilidade, seriedade e rigor de xestión", dixo a secretaria popular.