O Partido Popular comprómetese a unha rebaixa do IVE dos "produtos básicos"
O Partido Popular comprómetese a unha rebaixa do IVE dos "produtos básicos"
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, fai un chamamento á mobilización do electorado: "Estamos a un mes de que poida cambiar todo e de que elixamos a Alberto Núñez Feijóo como presidente de España"
A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, asegurou ese venres desde Curtis que "Núñez Feijóo que baixará o IVE dos produtos básicos", e iso, segundo as contas que botou, "pode supoñer un aforro duns 150 euros na cesta da compra".
Prado percorreu a feira de Curtis, acompañada polo alcalde da vila coruñesa, Javier Francisco Caínzos, e a número dous do PP na lista ao Congreso pola Coruña, Marta González.
"Nós hoxe aquí estamos vimos ver como a xente está comprando e vendo como a cesta da compra cada día é máis cara e é importante trasladarlles que hai unha alternativa", afirmou Paula Prado.
"Vemos como unha medida que levamos pedindo moito tempo como é a rebaixa no prezo da froita, da verdura, do peixe, da carne e das conservas, pois Sánchez fixo caso omiso", instiu a secretaria xeral dos populares de Galicia.
Desde Curtis quixo trasladar a mensaxe do cambio e un chamamento á mobilización do electorado: "Estamos a un mes das eleccións xerais, a un mes de que poida cambiar todo e de que elixamos a Alberto Núñez Feijóo como presidente de España".
"É o que España necesita e o que Galicia necesita", dicía Prado, para quen "é importante que todo o mundo lle demostre o próximo 23 de xullo a Pedro Sánchez que non nos importa que puxera esa data das eleccións para impedir que a xene fose votar. A xente ten gañas de ir votar e por tanto a un mes dese día queremos trasladarlle á xente que hai posibilidades de ter un verán azul cun partido popular forte", concluíu.