O PP cualifica como unha broma a proposta de Podemos dunha rede de supermercados públicos
O PP cualifica como unha broma a proposta de Podemos dunha rede de supermercados públicos
O Goberno defende as medidas postas en marcha para baixar o prezo dos alimentos
O prezo dos alimentos aperta o peto das familias. O Goberno defende nesta campaña electoral a eficacia das medidas adoptadas, como é o caso da rebaixa do IVE nunha cesta de produtos básicos.
"A suba dos salarios mínimo, as medidas adoptadas para conter a inflación ou a paz social".
Desde Unidas Podemos propoñen dar un chanzo máis nestas medidas. Entre elas, a posta en marcha de supermercados públicos para conseguir baixar o prezo dos alimentos.
"Unha empresa pública de distribución de alimentos que garanta prezos xustos".
O Partido Popular di que os prezos da cesta da compra son unha preocupación para as familias. Pero di que a proposta de Podemos non é viable nun país occidental.
"Facer supermercados públicos é unha broma nun pais occidental".
E propoñen os populares ampliar a rebaixa do IVE nalgúns alimentos, ao peixe, a carne e as conservas.