Publicador de contidos
Publicador de contidos

O paseo da Guía en Vigo continúa parcialmente precintado desde hai un ano

O paseo da Guía en Vigo continúa parcialmente precintado desde hai un ano

Segundo os veciños, a estrutura do paseo presenta certo perigo de derruba

G24.gal 05/05/2023 13:51 Última actualización 05/05/2023 14:17

Moitos vigueses casaron nesta ermida ou fixeron as fotos posteriores neste templo, unha obra do arquitecto rexionalista, Manuel González Román. Culmina cun parque que ten unhas boas vistas da cidade, polo que é un punto moi frecuentado polo bus turístico e polos viaxeiros de cruceiros.

Segundo a asociación veciñal o espazo poderíase potenciar cun parque infantil ou cunha instalación hostaleira. Pero polo de agora semella parado no tempo e moitos temen que o último treito do paseo acabe caendo.

Malia isto moitos non renuncian a vir pasear, a gozar das vistas aínda que o seu estado dálles pena. A ermida da Guía foi construída a mediados do pasado século e presume de ser un gran referente do barrio de Teis, coa súa silueta que se pode ver desde múltiples puntos da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade