Publicador de contidos
Publicador de contidos

O peche do marisqueo na ría de Noia revaloriza o berberecho da Arousa Norte

O peche do marisqueo na ría de Noia revaloriza o berberecho da Arousa Norte

Os bancos de Rianxo e Cabo de Cruz levaban unha década sen producir este bivalvo

G24.gal 25/08/2022 14:43

O berberecho galego está a acadar unha boa cotización no mercado. Unha das razóns é o peche dunha das principais zonas produtoras, a ría de Noia. A demanda recae agora na área da Arousa Norte, que levaba dous lustros sen producir: a afectación do parasito da martelia botaba a perder as poucas crías que se daban.

Ata agora, en que parece que por fin a produción se recupera. De feito van recollidos máis de 150.000 quilos de berberecho entre Rianxo e Cabo de Cruz.

A cotización depende do calibre e chegou a preto de 30 euros no extra de Cabo de Cruz, pero en Rianxo algo menos da metade o grande e entre seis e oito euros o mediano.

Os mariscadores de Rianxo temen que os prezos volvan caer cando reabra Testal e remarcan a necesidade de que o mercado valore o esforzo que require a extracción, e a calidade do molusco galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade