Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pelotón da Volta instálase en Galicia

O pelotón da Volta instálase en Galicia

A maioría dos equipos escolleron Vigo e os seus arredores para afrontar esta xornada de descanso

G24.gal 26/08/2024 15:13 Última actualización 26/08/2024 15:18

O pelotón da Volta xa está instalado en Galicia. A maioría dos equipos escolleron Vigo e os seus arredores para afrontar esta xornada de descanso, antes de afrontar as catro etapas que van transcorrer polo noso país.

Mañá será Ponteareas-Baiona, pasando por Mougás e o mércores etapa con inicio e final en Padrón. O xoves saída de Ourense e final en alto, na estación de Manzaneda e o venres, a etapa sairá de Lugo e rematará na vertente leonesa dos Ancares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos