Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pesadelo dunha familia do Grove por un conflito de lindes desde hai 7 anos

O pesadelo dunha familia do Grove por un conflito de lindes desde hai 7 anos

O pesadelo comezou en 2015 cando decidiron pechar a fachada deste terreo situado ao carón do cuartel

Gabriela reuniu ducias de documentos para intentar defender a propiedade lexítima do terreo
G24.gal 30/11/2022 14:10

O pesadelo da familia Casal comezou en 2015, cando decidiron pechar a fachada deste terreo situado ao carón do cuartel do Grove. Uns veciños que din lindar con eles denunciáronos esixindo que derruben o muro e argumentando que esta parte do terreo lles pertence. Gabriela reuniu ducias de documentos oficiais e escrituras para demostrar a propiedade da parcela. Aínda así, a xuíza deulle a razón aos denunciantes, ante a incredulidade e impotencia da familia Casal.

Ademais do conflito xurídico, a familia Casal asegura que están padecendo o acoso dos denunciantes a diario.

A pesar de que o último recurso lles foi denegado, Gabriela asegura non estar disposta a dar a batalla por perdida.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade