O pintor Xabier Magalhães pinta de novo o mural do casco vello que fixo hai quince anos
O pintor Xabier Magalhães pinta de novo o mural do casco vello que fixo hai quince anos
Foi un dos pioneiros da iniciativa Vigo, cidade de cor, para levar a arte á rúa e acabar co feísmo
Vigo segue en loita contra o feísmo dende hai quince anos grazas á iniciativa Vigo, cidade de cor.
Artistas novos e consagrados, locais e internacionais, interveñen en distintos puntos da cidade, que se está a converter nun museo ao aire libre.
Coas catorce actuacións previstas para este ano, son xa cento sesenta e unha as obras espalladas por edificios, rúas e centros educativos e deportivos de Vigo.
Xavier Magalhães foi un dos primeiros artistas que participaron no proxecto Vigo, cidade de cor, que buscaba hai quince anos acabar co feísmo na cidade.
Daquela o pintor apostou por facer unha denuncia artística da violencia contra a muller nesta rúa que levaba a un dos maiores focos de prostitución de Vigo na época.
Unha homenaxe á muller que agora pinta de novo, porque a humidade e o paso do tempo danaron a obra orixinal.
Magalhães alaba esta iniciativa, que lle está dando outra cara á cidade e é unha plataforma magnífica para os artistas emerxentes da cidade.
Diversidade de temáticas e de estilos para que o feísmo sexa cousa do pasado en Vigo.