Cargando resultados...
O plan de recuperación europeo deixa en Galicia un total de 3.800 millóns en axudas
O plan de recuperación europeo deixa en Galicia un total de 3.800 millóns en axudas
A execución dos fondos é do 71 %, 11 puntós máis respecto á media de España
G24.gal
05/04/2024 14:45
O plan de recuperación europeo deixa en Galicia nos últimos tres anos un total de 3.800 millóns de euros en axudas a empresas, concellos e particulares. Houbo máis de mil convocatorias para optar as axudas. E máis do 70 % están executadas, unha taxa que supera en 11 puntos a media estatal.
"Hoxe Galicia é unha terra de oportunidades tamén para empresas que elixiron Galicia para establecerse. Proxectos innovadores que garanten futuro. E quero subliñar o impacto especialmente nas pequenas e medianas empresas galegas", di Pedro Blanco, Delegado do Goberno en Galicia.