O Poio Pescamar remonta na segunda metade e leva o derbi contra o Viaxes Amarelle
O Poio Pescamar remonta na segunda metade e leva o derbi contra o Viaxes Amarelle
O equipo pontevedrés remontou o 2-0 na segunda metade cos tantos de Dani Sousa, Rocío Gómez e Luci
Gran partido o disputado na Sagrada Familia, cun tempo para cada equipo e con remontada na segunda metade do Poio Pescamar, que levou os puntos da Coruña.
Na primeira metade o Viaxes Amarelle foi máis efectivo. Marchou ao descanso con dous goles de renda. O primeiro marcouno Luci na súa propia portería cando intentaba despexar un envío longo, e o 2-0 foi obra de Claudia. Pero a cousa cambiou moito á volta dos vestiarios. Dani Sousa abría o camiño da remontada para as pontevedresas, e Rocío Gómez anotaba o empate a dous. O dous a tres definitivo chegou cun impresionante remate á escuadra de Luci Gómez desde moi lonxe.
A vitoria é a terceira da temporada para o Poio Pescamar, que se asenta na zona alta. O Viaxes Amarelle ten un único triunfo no que vai de Liga.