Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra aguanta o envite do Ourense cun triunfo en Oviedo (2-3)

O Pontevedra aguanta o envite do Ourense cun triunfo en Oviedo (2-3)

Carlos López marcou por quinta xornada consecutiva

Sufriu nos últimos minutos o equipo de Yago Iglesias, pero acadou unha vitoria fundamental

G24.gal 03/03/2024 13:56

O Pontevedra deu resposta ao triunfo do Ourense C. F. e conseguiu rabuñar os tres puntos nos campos do Requexón, en Oviedo. O filial do conxunto ovetense chegaba nuna boa dinámica pero os de Yago Iglesias amosaron o seu potencial ofensivo e levaron o triunfo por 2-3. 

Un goleador en forma como Carlos López (cinco xornadas seguidas marcando) foi o que abriu as hostilidades. Empatou Miguélez para o Oviedo cun lanzamento de falta pero, xusto antes do descanso, Dalisson coa axuda de Lucas Laso marcaba o segundo. 

O propio Lucas Laso fixo en propia porta o 1-3 nunha xogada de Álex González pola banda esquerda. Parecía o partido controlado pero no 74 marcou Cheli o tanto que lle deu emoción ao treito final. Os puntos viñeron para Pontevedra e continúa coa loita co Ourense C. F. no máis alto da táboa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade