Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra consegue tres puntos chave na súa visita a Guijuelo (1-2)

O Pontevedra consegue tres puntos chave na súa visita a Guijuelo (1-2)

O Pontevedra aproveitou as súas chegadas para anotar dous tantos que lle permiten seguir no liderado

Foto @PontevedraCFSAD
G24.gal 10/02/2024 19:21

O Pontevedra mantén o gran momento de forma e foi quen de sacar tres puntos nunha das saídas máis difíciles que lle quedan na liga. A primeira metade apenas tivo ocasións, pero na segunda os dous equipos dispuxeron de situacións de gol. 

Os galegos adiantáronse cun gol de Tono Calvo no minuto 48, e tras o empate dos locais no minuto 60, volveron a adiantarse no minuto 68 cun gol acrobático de Carlos López.

Coa vitoria seguen colíderes xunto co Ourense C. F., con 46 puntos ambos equipos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade