O Pontevedra gáñalle o derbi ao Coruxo (3-1)
O Pontevedra gáñalle o derbi ao Coruxo (3-1)
Os visitantes adiantáronse no comezo do encontro, pero o Pontevedra remontou na primeira parte cun penalti, un polémico gol e unha testada nun córner
O Pontevedra xa acumula dez partidos sen coñecer a derrota, incluídas sete vitorias
O Pontevedra manten a boa dinámica e segue na busca do ascenso direto á 1.ª RFEF. Esta vez foi no derbi fronte ao Coruxo, que segue sen atopar solucións a unha fase de seis partidos sen coñecer a vitoria.
Os visitantes adiantáronse cun gol de Davo no minuto 4 de encontro, pero o Pontevedra remontou cun dobrete de Charly, o primeiro no minuto 20 e o segundo, un polémico gol que foi moi protestado polo Coruxo, no minuto 29.
No minuto 33, o Pontevedra aumentou a vantaxe cunha testada de Borja Domínguez nun córner, e o partido marchou ao descanso co 3-1.
A segunda metade foi moito máis tranquila, apenas se viron unhas chegadas con perigo, a máis clara foi do Coruxo, cun remate ao traveseiro.
Co resultado, o Pontevedra mantense no liderado, e o Coruxo queda noveno, a cinco puntos do play off.