Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra mantense como o mellor visitante co punto en Langreo (0-0)

O Pontevedra mantense como o mellor visitante co punto en Langreo (0-0)

O equipo de Yago Iglesias perde o primeiro posto á custa do Ourense C. F.

G24.gal 28/01/2024 21:53

O Pontevedra perdeu a primeira posición no campo de Ganzábal (0-0), pero mantívose como o mellor visitante nun dos campos máis difíciles da categoría. Ninguén conseguiu gañarlle ao Langreo no seu campo, alí onde só recibiu catro goles. 

Tivo que sufrir o equipo de Yago Iglesias nos momentos finais, sobre todo nun remate que foi ao traveseiro e nun man a man do de Fene Iago Novo. O Pontevedra non xerou demasiadas ocasións e no segundo tempo contivo moito mellor as transicións locais para acabar engadindo un punto no seu taboleiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos