O Pontevedra tira de épica e ponse a tres puntos do Adarve
O Pontevedra tira de épica e ponse a tres puntos do Adarve
Nun partido moi emocionante gañoulle ao líder (3-2) cunha gran remontada no segundo tempo
O Pontevedra gañou un partido determinante diante do Unión Adarve e afrontará as últimas sete xornadas a só tres puntos do líder. Foi logo dun encontro moi sufrido no que ata en dúas ocasións estivo por debaixo no marcador.
Bo inicio pontevedrés pero no 34 Álvaro Portero converte un despexe no primeiro gol. Contra o final Maganto foi expulsado por un inocente segundo cartón logo de desprazar o coiro nunha acción intrascendente.
Na segunda parte empatou Rufo no 50. No 58 Cacharrón cometeu un penalti que transformou Calleja. Tivo que tirar de épica o Pontevedra que en oito minutos de ataque en tromba empatou (Charles) e logrou o 3-2 (Yelko).
De aí ao final houbo que aguantar a vantaxe nun partido que durou cen minutos.