Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP chámalle "inútil e soberbia" a Irene Montero no Congreso

O PP chámalle "inútil e soberbia" a Irene Montero no Congreso

Unidas Podemos rexeita os insultos á ministra e denuncia unha campaña para desprestixiar o Ministerio de Igualdade

G24.gal 21/11/2022 20:01 Última actualización 21/11/2022 20:53

A polémica pola lei do só si é si foi protagonista esta tarde dunha tirapuxa no Congreso durante o debate de presupostos. O Partido Popular cualificou a ministra de Igualdade de soberbia e inútil. Gabriel Rufián foi o primeiro en saír na súa defensa. 

Así foi a secuencia:

Víctor Píriz, deputado do PP: "Son os presupostos para os que teñen que manter a inútil e soberbia ministra de Igualdade para que os seus socios non se boten atrás".

Gabriel Rufián, deputado de ERC: "Señora presidenta, pido que o deputado do PP retire o insulto de inútil á ministra de Igualdade. E dáme vergoña ter que pedirllo eu, que nin sequera formo parte do seu grupo parlamentario".

Víctor Píriz, deputado do PP: "Inútil significa que non é útil, e iso é o que penso da ministra Irene Montero. Así que, manteño as miñas palabras".

Lucía Muñoz, deputada de Unidas Podemos: "Constatar unha vez máis que están vostedes dispostos a todo dá moito noxo e moita vergoña. Todo vale con tal de derribar o Ministerio de Igualdade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade