Cargando resultados...
O PP gañaría as eleccións xerais, pero necesitaría a VOX para gobernar, segundo Sigma Dos
O PP gañaría as eleccións xerais, pero necesitaría a VOX para gobernar, segundo Sigma Dos
G24.gal
26/07/2022 17:55
O Partido Popular sería o máis votado polos españois, de convocárense uns comicios nestas datas, segundo a última enquisa elaborada por Sigma Dos. A formación azul acadaría os 134 deputados, seguido dos socialistas, que quedarían nos 99.
O terceiro posto ocuparíao VOX, que baixaría respecto ás anteriores eleccións, quedando nos 45. Seguírao Unidas Podemos con 22 escanos.
A enquisa non especifica mudanzas no que respecta ao BNG, agrupado canda outras formacións nun apartado "outros".