O PP pide unha comisión de investigación no Congreso sobre o caso Mediador
O PP pide unha comisión de investigación no Congreso sobre o caso Mediador
A secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra, asegura: "Isto non se pode tapar"
A portavoz do Goberno critica "o ánimo do PP" para investigar o caso Mediador
Formoso evita referirse á presunta implicación de deputados galegos no caso
A secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra, anunciou esta mañá que o seu partido rexistrará este mércores a creación dunha comisión de investigación no Congreso sobre o chamado caso Mediador.
Ao seu entender, é momento de que a cámara baixa "non mire cara a outro lado" porque nas súas dependencias tamén "actuaba esta trama" e estase "poñendo en dúbida a honorabilidade dos deputados" de España. Nunha conferencia de prensa na sede do PP, Gamarra indicou que este caso "non se pode tapar".
"É máis necesaria que nunca unha comisión de investigación que dirima as responsabilidades políticas neste caso de corrupción socialista que está cheo de mordidas, de drogas e de mulleres".
A número dous de Alberto Núñez Feijóo compareceu ante a prensa tras reunir na sede do PP a senadores, deputados e eurodeputados do seu partido co obxectivo de coordinar iniciativas e esixir "transparencia" ao Goberno de Pedro Sánchez polo caso Mediador, a presunta trama de corrupción que encabezaría o exdeputado socialista Juan Bernardo Fuentes Curbelo.
Esta reunión prodúcese despois de que o partido en Canarias anunciara que comparecerá como acusación popular por este caso.
Ademais, o Grupo Parlamentario no Congreso impulsou unha batería de iniciativas. Entre elas, a petición das comparecencias dos ministros Nadia Calviño, José Manuel Albares, Fernando Grande-Marlaska e Margarita Robles.
Isabel Rodríguez: "Non deixa de sorprender o ánimo do PP con estes feitos"
A portavoz del Goberno e ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, critica "o ánimo do PP" para investigar o caso Mediador. Asegurouno en declaracións aos xornalistas despois de que a secretaria xeral dos populares, Cuca Gamarra, anunciara que o seu partido rexistrará a creación dunha comisión de investigación no Congreso.
Tras manter unha reunión en Barcelona co vicepresidente executivo da Área Metropolitana de Barcelona (AMB), Rodríguez pediu a mesma contundencia cos casos de corrupción que afectan membros do Partido Popular.
"O mesmo ánimo que amosan ante estes casos gustaríame que os mostrasen cos casos vixentes hoxe".
O presidente de Aragón e secretario xeral do PSOE na Comunidade, Javier Lambán, anima os parlamentarios do seu partido por Zaragoza, Pau Marí Klose e Miguel Dalmau, a querelarse ante os tribunais contra as persoas que apuntaron á súa participación nas festas organizadas polo exdeputado Juan Bernardo Fuentes, Tito Berni, por inxurias, calumnias e atentado á honra.
En Podemos defenden a celeridade coa que actuaron os socialistas e non descartan apoiar unha comisión de investigación dependendo de quen a pida.
Por este caso, o Congreso endureceu desde hoxe os controis. Desde hoxe, todos os deputados estarán oribrigados a rexistrar as visitas que autoricen nun Excel.