O PP recorrerá calquera proposta de reforma do TC que copie a paralizada polo Tribunal
O PP recorrerá calquera proposta de reforma do TC que copie a paralizada polo Tribunal
A reforma do Código Penal que derroga a sedición e rebaixa penas por malversación xa está no BOE e entrará en vigor o 12 de xaneiro
O Goberno responsabiliza o PP da crise institucional
Xa está no BOE a reforma do Código Penal aprobada onte mesmo no Senado. Unha reforma que derroga o delito de sedición e rebaixa as penas nalgúns supostos de malversación. Os cambios entrarán en vigor o 12 de xaneiro.
Pero a crise institucional está lonxe de quedar resolta. Moncloa non renunciará a cambiar os maxistrados do Tribunal Constitución nin aceptará manter máis tempo bloqueado o Consello Xeral do Poder Xudicial. Arestora segue negociando cos grupos que apoiaron a investidura a letra pequena desa ferramenta, unha proposición de lei. Pero ten dúbidas sobre como resolver o bloqueo do órgano de goberno dos xuíces. Non ten decidido se cambiar as maiorías.
O PP xa lles advirte que leran detidamente esa letra pequena e recorrerán calquera proposición de lei que copie a que foi paralizada polo tribunal Constitucional.
Esta mañá Vox presentou unha querela no Supremo contra Pedro Sánchez, os membros da mesa de diálogo e o exministro de xustiza Juan Carlos Campos por conspiración.